As escolas de segunda oportunidade son aquelas que permiten que os mozos que abandonaron os estudos adquiran unha formación básica para conseguir un emprego.
As escolas de segunda oportunidade funcionan como unha vía alternativa e complementaria ao ensino regrado co obxectivo de conseguir a inserción dos mozos nos itinerarios académicos regrados e, ademais, alcanzar a inserción laboral dos mozos. A idea é simple: ofrecer aos mozos excluídos do sistema educativo as mellores vías de formación e o mellor marco para que adquiran confianza en si mesmos e adquiran os hábitos e condutas que son necesarios para a súa inserción sociolaboral.
Neste contexto a Fundación Labaca decidiu desenvolver un proxecto propio e de carácter singular dirixido aos mozos que se atopan en proceso de cumprimento de medidas de internamento en Centro de Menores de Palavea co obxectivo de que estes mozos poidan recuperar os seus estudos, melloren a súa formación e poidan integrarse laboralmente.